No open-access location is known for this record yet.
No open-access location is known for this record yet.
[GA] Artigo dedicado ao estudio de tres petróglifos localizados na Illa de Ons, dentro do contexto dun proxecto de prospección arqueolóxica levado a cabo polo Laboratorio de Patrimonio do CSIC, actual Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit). O proxecto, denominado “Estudio Arqueolóxico e Etnográfico da Paisaxe Cultural do Parque Nacional de Illas Atlánticas”, foinos encargado pola dirección do Parque Nacional de Illas Atlánticas con fin de identificar e documentar o Patrimonio Cultural da illa, afondando desta maneira no coñecemento do espazo cultural a través da arqueoloxía, da etnografía e doutras disciplinas, buscando así recoñecer as diferentes etapas crono-culturais que deron lugar á configuración actual deste espazo tradicional. O plan de actuación proposto estivo constituído por unha serie de accións e actividades como foron os traballos de campo de prospección superficial arqueolóxica e etnográfica, consulta e baleirado cartográfico e bibliográfico, rexistro e documentación da arquitectura tradicional, inventario de toponimia, estudo histórico, e entrevistas etnográficas entre outras. Neste contexto localizáronse dous gravado en Chan da Pólvora e un terceiro na Laxe, no barrio de Caño.
Loading…
Imported from OpenAlex (CC0) — nothing here is generated.