No open-access location is known for this record yet.
No open-access location is known for this record yet.
Neste traballo analízase a dinámica de innovación nun sistema vitivinícola local, destacando o papel dos organismos reguladores das denominacións de orixe (DO), que velan pola protección da súa singularidade como un elemento máis do sistema local de innovación. A través do seu papel na innovación preténdese analizar en que medida a acción colectiva desenvolvida polas DO representa unha resposta adecuada ás esixencias competitivas formuladas aos sistemas produtivos locais polo proceso de globalización e pola revolución científico-tecnolóxica que atravesa o sector do viño. Desde esta perspectiva, preténdese indagar se a realización dunha Enquisa de Identificación de Necesidades Tecnolóxicas (EINT) pode supoñer un instrumento eficaz para a orientación estratéxica das relacións de cooperación entre os actores locais que fortaleza as capacidades competitivas das DO. O núcleo central da análise empírica baséase nunha enquisa realizada entre as bodegas da DO Rías Baixas (Galicia, España).
Loading…
Stored only when both papers are in the corpus — 1 citations exist upstream.
Papers that cite the same references — the relational fallback while embeddings are still backfilling.
Imported from OpenAlex (CC0) — nothing here is generated.