No open-access location is known for this record yet.
No open-access location is known for this record yet.
A contorna na que as universidades desenvolven as súas actividades ten cambiado radicalmente nas últimas décadas. Hoxe en día a sociedade demanda unha maior participación das institucións académicas no seu desenvolvemento social e económico. Dentro deste novo marco xurdiu o termo “universidade emprendedora”, que fai referencia a unha universidade que está en maior contacto coa súa contorna. A transferencia de coñecemento é unha das vías para incrementar esa interacción entre a universidade e a sociedade. Dentro dos instrumentos empregados para trasladar o coñecemento á sociedade, a creación de empresas ten acadado nos últimos anos unha grande importancia, e conta coa atención tanto das institucións académicas como das Administracións Públicas. De feito, o número de “spin-offs” creadas a partir de tecnoloxía desenvolvida nas universidades ten aumentado considerablemente nos últimos anos. Porén, estas empresas teñen que facer fronte a problemas como a falta de financiamento ou de capacidades empresariais por parte dos fundadores. O obxectivo deste traballo é analizar a actividade de creación de “spin-offs” en España e en Galicia, prestando especial atención aos problemas máis habituais cos que se atopan. Esta análise permite unha maior comprensión da actividade emprendedora das universidades en países como España ou como Galicia, onde as universidades caracterizáronse por unha escasa tradición de colaboración coa industria
Loading…
Stored only when both papers are in the corpus — 6 citations exist upstream.
Papers that cite the same references — the relational fallback while embeddings are still backfilling.
Imported from OpenAlex (CC0) — nothing here is generated.