No open-access location is known for this record yet.
No open-access location is known for this record yet.
Nen quis eu dona por senhor tomar senon vós, que amo e quero amar Sabido é que os trobadores galego-portugueses chaman senhor á dama por eles cantada.E repítese con frecuencia que tal denominación, precedida en moitos casos do posesivo mha, é, ou pode ser, un calco do midons empregado polos provenzais l .Parece oportuno, e mesmo conveniente, establece-las reiacións entre a cansó e a cantiga de amor *, pero, en casos coma éste, córrese o risco de estereotipar consideracións deste tipo ata o extremo de chegar a deformar, siquera parcialmente, ámbaias dúas realidades, a galego-portuguesa e a provenzal.Tal temor foi o que motivou as reflexións que a seguir se verten e que non pretenden senón chama-la atención sobre a necesidade de meditar sobre os tópicos que se transmiten duns estudios a outros sen variacións apreciables por consideralos verdades xa demostradas, cando, en ocasións, non son máis que citas parciais entresacadas de contextos máis completos.1 Afortunadamente, xa non e tan frecuente insistir tamén en que senhor é unha forma masculina (precisamente por influxo de midons).Aparte de que a terminación (nalgúns casos, sufixo derivativo) en -or mantivo durante bastante tempo a ambivalencia xenénca d o latín, a presencia constante dos determinantes femeninos (mha, fremosa, b w , aposta, ben ralhada.etc.) resulta proba máis que evidente do seu carácter.2 X.R. PENA recolle, na súa Literatura galega medieval (1.A história, Sotelo Blanco, Barcelona, 1986).pp.150-155, o que se ten dito ó respecto ata o momento, pero este exame precisa aínda dunha revisión máis detida, posto que, por exemplo, non parecen totalmente correctas afirmaciónscomo as de que os trobadores galegos descoñecen a ioi e, pola contra, os provemis ignoran a coira, p i s , se ben é certo que non empregan eses termos para expresa-los sentimentos correspondentes.non por iso deixan os galegos de coñece-lo gozo da 'joi '(aínda que só sexa como algo inalcanzable) nen os provemis o sufrimento da 'coita '. ' Ainda admitindo a posible marxe de error, non deixan de ser significativas as cifras proporcionadas por E. SÁNCHEZ TRIGO (Imagen de lo mukr en lo poesÍa provenzal.Formas de tratamiento y retrato físico en los trovadores), tese de Licenciatura inédita, Santiago de Compostela, 1986, que, tras examinar tódalas composicións recollidas en Los trovadores.de M .DE RIQUER (3 vols., Ariel, Barcelona, 1983).completándoas cms edicións completasdalgún trobador (PEIRE VIDAL, ARNAUTDEMARUELH,BERNARDTDEVENTADORN, ARNAUTDANIEL, rexistra só 54 casos de midons, e oito de sidons, frente a 193 dedomna a secas, sen determinantes (pensemos no que se acrecenta este numero engadindo as ocurrencias de ma domna, bela domm, bom domna, etc.).Vid.o traballo de W.M. H ACKET~, -Le probleme de midons': en Méhnges de Phiblogie romane dediés a lo memoire de Jean Boutiere (1899-1967), édit.par 1. Clulel et F. Pirot, Soledi, Liege, 1971, vol. 1, pp. 285-294, onde, entre outras cousas, se discute o xénero do posesivo mi (ido latín meus ou de mea?) e a posibilidade de que o -S non sexa unha marca morfolóxica, dado que o sintagma e foto e invariable, e aparece tanto en función de subxecto (incluso aquí é menos frecuente) como de complemento.* Vid. C. BRUNEL, LPS plus anciennes chartes en langue provencale, París, 1926 e 1952 (Sqplémeni).Cfr.HACKETT, "Le problhe ...", p. 290.Rexistra tamén nese Corpus dous usos de midons nun testamento feito en 1195 (midons saita Maria de Clermonr e midons saita MarÍa de Columbeirj, que considera +xemple trop tardif pour servir d'indication d'origine et sans doute reflet de la poésie profane" (p.290).Dominus designaba en latín o dono, o amo, da casa (domus, que é o t e m o do que deriva), en oposición a servus, ancilla.e incluso familia.Por extensión, designa a todo tipo de 'maitre ' : dono da casa que recibe os amigos, mestre de cerimonias, e mesmo 'maitre du peuple, tyran, despote".A lingua da Iglesia utiliza esta voz para traduci-lo grego kupios 'o Señor' (Cfr. A. ERNOUT-A.MEILLET, Dictionmire étymo/ogique de la lengue htine.Histoire &S mors.Klincksieck, París, 4e.éd., 1967, p. 183, s.v.domur).
Loading…
Stored only when both papers are in the corpus — 6 citations exist upstream.
Imported from OpenAlex (CC0) — nothing here is generated.