No open-access location is known for this record yet.
No open-access location is known for this record yet.
Analísase o proceso de cambio estrutural e de transformación da economía galega ao longo do último cuarto de século desde a perspectiva da teoría dos sistemas nacionais de innovación (SNI) e a teoría da regulación. Para iso abórdanse as principais transformación que teñen lugar na base productiva e a incidencia que os diferentes elementos do SNI (estrutura productiva, sistema financeiro, sistema de I+D, educación, políticas públicas, etc) tiveron sobre a capacidade de adaptación e innovación dos principais sectores da nosa economía, especialmente o agrario e o industrial. A existencia de segmentos innovadores en ambos sectores non é quén de contrarrestar o perfil de declive da nosa economía neste período. Do diagnóstico dos factores, externos e internos, que condicionaron a nosa evolución no pasado inmediato poden albiscarse os atrancos que compre superar para que a economía galega mellore, ou cando menos manteña, as suas posicións no marco da Unión Europea
Loading…
Stored only when both papers are in the corpus — 10 citations exist upstream.
Papers that cite the same references — the relational fallback while embeddings are still backfilling.
Imported from OpenAlex (CC0) — nothing here is generated.