No open-access location is known for this record yet.
No open-access location is known for this record yet.
No contexto do interese historiografico polos estudos do xenero, que xurdiu nos anos setenta do pasado seculo, o auxe da investigacion sobre o papel das mulleres apenas tivo en conta a importancia de conecer por que, como, desde onde e cara a onde se moveron as mulleres ate o seculo XIX. El vuelo corto. Mujeres y migraciones en la Edad Moderna propon un enfoque actualizado, revisando en profundidade a relacion entre as mulleres, a mobilidade e as migracions en Espana, achegando informacion sobre o papel delas como migrantes, sobre as mulleres sedentarias e sobre as que se viron afectadas pola ausencia dos homes. Tendo en conta que a informacion de arquivo e escasa no referente a mobilidade feminina, esta obra ofrece unha vision innovadora das fontes disponibles para suplir a carencia de datos e evitar os desequilibrios cronoloxicos e territoriais que ate agora limitaron a definicion da posicion das mulleres con respecto a mobilidade. O angulo de observacion e en boa medida demografico, ao seren a mobilidade e a migracion parte dos comportamentos da poboacion, pero a migracion feminina respondia –como hoxe responde– a outros factores economicos, culturais, mesmo persoais, imperceptibles para a investigacion historica, e de ai que o enfoque social predomine neste libro.
Loading…
Imported from OpenAlex (CC0) — nothing here is generated.