No open-access location is known for this record yet.
No open-access location is known for this record yet.
Baixo o título A Arte Rupestre da Comarca do Baixo Miño: Unha achega cuantitativa dende a perspectiva das novas ferramentas dixitais, preséntase o catálogo máis completo e exhaustivo dos petróglifos do suroeste galego. Grazas á aplicación sistemática de novas ferramentas tecnolóxicas baseadas na informática, a fotogrametría e os Sistemas de Información Xeográfica, foi posible elaborar e tratar o corpus documental da arte rupestre da Comarca do Baixo Miño (Sur da provincia de Pontevedra), obxecto do presente traballo. Con este catálogo, perfilouse a relevancia cuantitativa deste fenómeno, avaliando a súa importancia artística e examinando o seu estado de conservación. Así mesmo, definíronse os principais focos de distribución dos petróglifos e, asemade, contrastáronse os factores que puideron influír na súa localización.
Loading…
Imported from OpenAlex (CC0) — nothing here is generated.